Trátase dunhas charlas contidas no Plan para a convivencia e mellora da seguridade escolar, levado a cabo polo departamento de drogodependencia da Garda Civil. Este martes tivo lugar a charla adicada ós alumnos da ESO do citado colexio e está programada unha segunda charla orientada a pais e nais para o martes 24 de xaneiro. A esta charla poderán acudir socios da APA e non socios, será no salón de actos do colexio a partir das 20.30 h. Será impartida por Ramón Peña, responsable de levar a cabo este plan. Trataráse o tema da drogodependencia, como previla e como poder facer fronte no caso de que un familiar se atope nesta situación. Dende a directiva da APA animan a todo-los pais a acudir a esta charla que seguro que será de gran interese e importancia.