Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presenta unha moción para a reforma integral da rúa da Báscula

Nota de prensa:
SR. ALCALDE.

Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal que Vostede preside e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez

EXPÓN:

Que no barrio de Marzán, e máis concretamente na rúa da Báscula foron realizadas recentemente obras de reparación de canalización da rede de abastecemento de augas, o que provocou que esta rúa se encontre intransitable.

Que pola rúa mencionada baixan unha gran cantidade de augas sen ningún tipo de control (cunetas…), e os sumidoiros instalados na mesma son insuficientes, polo que é necesario se acometan con carácter de urxencia obras e unha reforma integral da mesma. É polo que

Presentamos a seguinte proposta de MOCIÓN para que a Corporación Municipal acorde:

-Solicitar da Deputación Provincial con cargo a aos remanentes do Plan Especial de Obra Pública executado neste Concello de igual xeito que se fixo en outros Concellos a reforma integral da Rúa da Báscula, nos seguintes termos:

Reposición do chan empregando materiais que respeten o entorno, e rebaixe do existente para que non se modifique a cota con respecto as casas dos veciños colindantes.
Instalación de canalizacións de servizos (auga potable, augas pluviais, augas residuais, canalización eléctrica, canalización de gas, e telecomunicacións) con canalización de reserva.
Instalación de sumidoiros para canalizar as augas superficiais.

Jaime Cancio Rodríguez

Exit mobile version