Site icon Crónica3.com A Mariña

Ribadeo tira case un 50% de residuos impropios nos contedores de plásticos, explica o PP

Nota de prensa

PERDE RIBADEO

Es posible que tu navegador no permita visualizar esta imagen.

Ribadeo tira case un 50% de residuos impropios

nos contenedores de plásticos

O informe feito público polo concelleiro de Medio Ambiente do Concello de Ribadeo desvela que na nosa vila non se recicla correctamente.

É estrano que nos tempos nos que a información nos envolve, nos que a conciencia sobre a natureza é tema universal, nos que a necesidade e a responsabilidade sobre o contorno supón a clave para o noso futuro, é estrano diciamos que fallemos estrepitosamente: hai case un 50% de residuos impropios nos contenedores de plásticos.

Ademais, incumprir as normas sobre a correcta reciclaxe ten un prezo elevado para todos nós, vainos ó peto, e esto non ten color ou tendencia determinada, esto supón unha devacle para as xa depauperadas arcas do noso Concello, supón unha merma para todos os nosos recursos, tanto culturais, como sociais coma económicos.

O Grupo Municipal do Partido Popular de Ribadeo, consciente como cidadáns do mundo da obriga moral que temos coa natureza e coas nosas propias vidas e costumes unímonos ó rogo de colaboración do concelleiro e queremos tomar parte activa nesta toma de conciencia do pobo ribadense para conseguir un Ribadeo máis limpo, máis ecolóxico, máis natural e máis comprometido coa natureza á que pertencemos. Este compromiso non ten ideoloxía, non obedece a ningún tipo de consigna política, … sae do máis profundo da natureza humana, do máis fundamental desexo de todo ser humano de vivir en harmonía e equilibrio coa Natureza. Que se una, por tanto, a nosa voz á reflexión e ó desexo de outros para conseguir un Ribadeo máis ecolóxico.

Exit mobile version