NOTA DE PRENSA
REMATA A SEMANA SOLIDARIA EN XOVE – ÉXITO DA OPERACIÓN KILO
Dentro desta Semana organizouse unha dobre campaña: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES e CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS. Rematada a campaña, temos que decir que constituiu un rotundo éxito, tanto pola cantidade de xoguetes recollidos como pola gran cantidade de alimentos recibida. Hai que decir que o Pobo de Xove volcouse con esta campaña, superando con creces tódalas previsións que Cáritas Interparroquial tiña feito. Recolléronse xoguetes de tódolos tipos e para tódalas idades, que sen dúbida van facer felices a un bó número de nenos/as do noso Concello. Dentro dos alimentos recollidos, hai de todo, produtos non perecedeiros e perecedeiros, comida tradicional de Nadal, produtos de limpeza, etc., todo nunhas cantidades realmente importantes.
Cáritas Interparroquial vai distribuir estes produtos a unhas 20 familias de Xove. Inda que nos pareza que non, a crise está a afectar a moitas familias do noso entorno, dahí que esta campaña contribúe a paliar a difícil situación dese grupo de persoas.
Amáis das aportacións recibidas en xoguetes e alimentos, un grupo de veciños ofreceuse a seguir aportando alimentos perecedeiros (patacas, verduras, etc.) nos vindeiros meses, en función das necesidades existentes. Lóxicamente, todo isto, anónimamente e dentro da maior reserva.
Ademáis desta Semana Solidaria, a campaña solidaría continúa en tódalas parroquias de Xove, xa que en tódalas igrexas está aberta unha cuestación para recoller fondos cos que axudar ás familias que o necesiten. Non podemos olvidar que, ademáis de comer, tamén hai que pagar facturas: lus, auga, etc..
A distribución de todo o material recollido (xoguetes e alimentos) vaise facer conxuntamente entre o personal de Cáritas Interparroquial e o Departamento de Servizos Sociais do Concello, para o cal xa se están a preparar os distintos lotes que se van entregar ás familias.
Por último, Cáritas Interparroquial quere agradecer profundamente a tódalas persoas e familias que participaron nesta Semana Solidaria a súa colaboración.