NOTA DE PRENSA
REMATA A SEMANA SOLIDARIA EN XOVE – ÉXITO DA OPERACIÓN KILO
Dende o pasado luns 12 de decembro ata hoxe a mediodía, estivo en marcha a SEMANA SOLIDARIA EN XOVE, chamada OPERACIÓN KILO, que, organizada por CÁRITAS INTERPARROQUIAL, pretendeu concenciar aos cidadáns da importancia que ten ser solidario, máis nestes intres de fonda crise.
Dentro desta Semana organizouse unha dobre campaña: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES e CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS. Rematada a campaña, temos que decir que constituiu un rotundo éxito, tanto pola cantidade de xoguetes recollidos como pola gran cantidade de alimentos recibida. Hai que decir que o Pobo de Xove volcouse con esta campaña, superando con creces tódalas previsións que Cáritas Interparroquial tiña feito. Recolléronse xoguetes de tódolos tipos e para tódalas idades, que sen dúbida van facer felices a un bó número de nenos/as do noso Concello. Dentro dos alimentos recollidos, hai de todo, produtos non perecedeiros e perecedeiros, comida tradicional de Nadal, produtos de limpeza, etc., todo nunhas cantidades realmente importantes.
Cáritas Interparroquial vai distribuir estes produtos a unhas 20 familias de Xove. Inda que nos pareza que non, a crise está a afectar a moitas familias do noso entorno, dahí que esta campaña contribúe a paliar a difícil situación dese grupo de persoas.
Amáis das aportacións recibidas en xoguetes e alimentos, un grupo de veciños ofreceuse a seguir aportando alimentos perecedeiros (patacas, verduras, etc.) nos vindeiros meses, en función das necesidades existentes. Lóxicamente, todo isto, anónimamente e dentro da maior reserva.
Ademáis desta Semana Solidaria, a campaña solidaría continúa en tódalas parroquias de Xove, xa que en tódalas igrexas está aberta unha cuestación para recoller fondos cos que axudar ás familias que o necesiten. Non podemos olvidar que, ademáis de comer, tamén hai que pagar facturas: lus, auga, etc..
A distribución de todo o material recollido (xoguetes e alimentos) vaise facer conxuntamente entre o personal de Cáritas Interparroquial e o Departamento de Servizos Sociais do Concello, para o cal xa se están a preparar os distintos lotes que se van entregar ás familias.
Por último, Cáritas Interparroquial quere agradecer profundamente a tódalas persoas e familias que participaron nesta Semana Solidaria a súa colaboración.