Site icon Crónica3.com A Mariña

Poxa pública de trece cabalos salvaxes apreixados nas últimas semanas polo concello de Ribadeo

Nota de prensa:
O VENRES ÁS 12 DA MAÑÁ TERÁ LUGAR A POXA PÚBLICA DE SETE DOS TRECE CABALOS SALVAXES APREIXADOS NAS ÚLTIMAS SEMANAS POLO CONCELLO DE RIBADEO. O ALCALDE ADVIRTE QUE SI A POXA QUEDA DESERTA PROCEDERÁSE AO SACRIFICIO DOS ANIMAIS.

Ribadeo, 14 de decembro de 2011. O vindeiro venres, 16 de decembro, ás 12 da mañá terá lugar a subhasta pública de sete dos trece cabalos salvaxes apreixados nas últimas semanas polo Concello de Ribadeo, segundo ven de anunciar o alcalde, Fernando Suárez.

O rexedor sinalou que “despois de ter transcurrido este prazo regulamentario sen que houbera ningunha reclamación de ningún posible propietario destes cabalos ceibos, que tivemos desde o Concello que contratar a súa collida e a súa estancia nun curro habilitado ao efecto un curro en Covelas, imos proceder á súa poxa pública”. Ésta terá lugar o 16 de decembro ás 12 da mañá no salón de sesións da Casa do Concello, “fixando un prezo de partida para cada un destes animais de 175 euros ou ben polo lote completo destas reses primeiras por importe de 1.225 euros”.

Suárez Barcia explicou que “esta é unha primeira subasta e despois dentro duns días virá unha segunda pola outra remesa da cabalos (seis) que colléramos días despois. Os que poñeremos a concurso o venres son un garañón, un poldro e cinco eguas. Todos os interesados teñen que presentarse no Concello, onde lles explicaremos con máis detalle como será o tipo de poxa, o prezo de partida iráse incrementando de dez en dez euros en cada volta, o adxudicatario terá que depositar na Tesourería o prezo da adxudicación ao remate da propia poxa”. O alcalde advertiu que “se isto queda vacante, segundo o artigo 11 apartado 2 da Lei 1/1993 do 13 de abril de protección de animais domésticos e salvaxes en catividade, procederemos ao sacrificio destes cabalos”.

Fernando Suárez lembrou que “nos últimos tempos tivemos moitas chamadas de xente interesada por acudir a esta poxa pública e queremos convidala a vir, porque estes cabalos estarán sempre mellor en mans de particulares que os poidan atender, que os poidan doumar e facer algo mellor con eles que sacrificalos. O Concello non é o ente axeitado para ter permanentemente unha serie cabalos ao seu dispor, e sobre todo cabalos salvaxes”.

Exit mobile version