Site icon Crónica3.com A Mariña

Os nenos que atopen ao apalpador que chega por primeira vez mañá a Ribadeo escoitarán cousas maravillosas

Este Nadal o apalpador baixará desde os montes orientais de Galicia e virá por primeira vez ver aos nenos e ás nenas de Ribadeo. O venres, 30 de decembro, andará polas Catro Calles e polo parque de San Francisco para falarlle de cousas maravillosas a todo pícaro co que se atope. O apalpador estará en Ribadeo de 12 a 14 horas e de 16:30 a 18 horas. Despois irá tamén visitar aos nenos de Barreiros.

Exit mobile version