Site icon Crónica3.com A Mariña

O sábado celebrarase en Burela o II Rastrillo de Nadal organizado pola asociación Vagalume

Nota de prensa:

O vindeiro sábado, día 17 de Decembro, celebrarase en Burela o II Rastrillo de Nadal de Asociacións, organizado pola Asociación Vagalune e coa participación dalgunhas das principais asociacións socioculturais da vila: Ledicia, Esperanza, Camiña, Asociación Cabo Burela de Redeiras, as asociacións caboverdianas Raventolas e Batuko Tabanka, a Peruna Aspebu e a Ampa do Colexio Virxe do Carme.

Dende as 12 da mañá e ata as 10 da noite, na antiga praza de abastos (Edificio de Asociacións), celebrarase un mercadiño de artigos artesanais, de reciclaxe e de segunda man, no que tamén se poderán degustar petiscos caboverdianos, chocolate e viño quente.

A xornada estará ademais animada coas intervencións ao longo da tarde de grupos musicais e de baile galegos, peruanos e caboverdianos.

Os obxectivos desta xornada son o de fomentar o encontro e o coñecemento entre as diversas asociacións da vila e cara á cidadanía, acadar fondos para a promoción das súas actividades ou para fins solidarios e, sobre todo, convertir este encontro nunha cita habitual do nadal na nosa comarca, iniciada no pasado ano.

Exit mobile version