Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo considera unha falta de respecto que o alcalde non os convidara á visita da “mariña seca”

Nota de prensa:
OS SOCIALISTAS LAMENTAN QUE O ALCALDE NON OS CONVIDARA Á VISITA DA MARIÑA SECA, OBRA QUE ESPERAN QUE NON SUBSTITÚA Ó PORTO

-Consideran unha falta de respeto o comportamento de Villares, “con esta actitude esquécese de tódolos veciños ós que representamos”

-Os socialistas recordáronlle a Balseiro que “non debe confundir a mariña seca co porto deportivo, porque quizais sexa el quen deba algunha explicación a tódolos cervenses”

CERVO, 30 DE DECEMBRO. A portavoz do Grupo Municipal Socialista de Cervo, Lara Méndez, lamenta que o alcalde, o señor Alfonso Villares, non convidara ó resto da corporación para acudir á visita das obras da mariña seca de San Ciprián. “É unha falta de respeto institucional total e absoluta por parte do noso alcalde non comunicar a tódolos concelleiros, como sí se ten feito noutras ocasións, a visita programada do Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán. Con esta actitude non obvia ó GMS senón que está obviando a tódolos veciños ós que representamos”.

Os socialistas aseguran que “simplemente nos gustaría estar presentes neste acto para transmitirlle ó Presidente de Portos de Galicia as inquietudes e demandas dos veciños. Este comportamento do señor Villares pon de manifesto o seu desinterese total polos cervenses, demostrando día tras día a súa finalidade partidista, mirando sempre polos seus propios intereses e nunca polos intereses de todos”.

Aclaracións para Balseiro

Ademais da falta de educación do rexedor cervense, os membros do GMS destacan que “o señor Balseiro non cumple con San Ciprián, ¿Onde está o porto deportivo que tantas veces anunciou? ¿Vai ser o porto deportivo outro goletazo, unha obra que xa se tiña adxudicado e licitado e que botaron para atrás sen dar razón algunha?. Foi vostede, señor Balseiro, o máis interesado en tirar a lonxa para facer a goleta e agora, nin goleta nin lonxa. Tivo que facer algo para escudar a súa actitude e maquillar dalgún xeito a súa ineficiencia e inoperancia con este asunto”.

A solución non foi outra que a construcción destas instalacións, unha mariña seca que non ten ningún sentido se non vai acompañada do porto deportivo, “aquí o único que intenta enganar ós veciños é vostede. Esiximos que a mariña seca non sexa a substitución do porto deportivo que todos agardamos. A estas alturas, cremos que o compromiso co porto vai ser outro goletazo do señor Balseiro, pois todo quedará en nada”.

Os socialistas lembráronlle ó diputado popular que “en ningún momento dixemos que estas instalacións non se rematarían ou que non estaban nos orzamentos do 2012. Non confunda a mariña seca co porto deportivo, señor Balseiro. O único que esiximos foi que o anuncio destas obras non quedase esquecido como quedou o porto deportivo, obra pola que levan loitado moito tódolos cervenses e que sería un gran apoio para o desenvolvemento económico do noso concello. Non temos que pedir perdón por nada, quizais sexa vostede quen deba algunha explicación ós veciños por moitas actuacións anunciadas polas que seguimos esperando”.

E recomendáronlle ós populares que “deixen de preocuparse por nós e que se preocupen máis do que teñen que facer eles. Para a próxima vez, esiximos máis respeto polos veciños e polos representantes que eles mesmos escolleron”.

Exit mobile version