Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE de Cervo alegrase de que Sargadelos reciba en breve a axuda pendente de Xunta e esixe que ese breve sexan días non anos

Nota de prensa

OS SOCIALISTAS ALÉGRANSE DE QUE SARGADELOS RECIBA EN BREVE O RESTO DA AXUDA DA XUNTA E ESIXEN QUE ESE BREVE SEXAN DÍAS NON ANOS

-A pesares de que a Deputación de Lugo non ten competencias en materia de emprego, “sí fomenta e promociona a expansión comercial desta empresa a través de diferentes programas”

-Dende o GMS aseguran que “a nosa intención era coñecer a evolución do compromiso da Xunta de Galicia, non pensamos que Villares fose adoptar a actitude infantil que amosou”

CERVO, 21 DE DECEMBRO. A empresa de Sargadelos recibirá en breve a axuda que lle prometeu a Xunta de Galicia hai máis dun ano, así o afirmou o alcalde, Alfonso Villares. Os socialistas, pola súa banda, amosaron a súa satisfacción ó obter resposta á petición que realizaron o pasado venres pero esixen que “ese breve non pode deixar correr moito máis tempo, esperamos que ese breve sexa cuestión de días e non de anos”.

Dende o Grupo Municipal Socialista aseguran que “a nosa intención ó presentar esta solicitude no Concello era simplemente coñecer a evolución do compromiso da Xunta de Galicia. Sabíamos que a axuda non se executara na súa totalidade e pensamos que os traballadores non poden agardar moito máis. A pesares da nosa vontade política parece que o señor Villares se sentiu incómodo pois adoptou unha actitude de político infantil e pouco maduro, unha actitude de ti máis, ti máis, ti máis, coma unha pateleta dun neno pequeno”.

Compromisos e competencias

A Xunta de Galicia debe cumplir cos seus compromisos e coas súas competencias, os socialistas lémbranlle a Villares que “a Deputación Provincial non ten competencias en materia de emprego, non pode actuar como sí o poderían facer os seus compañeiros do Goberno Autonómico. O que sucede é que está moi mal acostumado porque a pesares de que o ente provincial non ten capacidade para este asunto, sempre fomenta o emprego por diferentes vías. Á Deputación de Lugo sí lle preocupa a empresa de Sargadelos, como fábrica de cerámica e como buque insignia da nosa cultura en toda a comunidade”.

A voceira socialista, Lara Méndez, insistiu en que a Deputación Provincial, a pesares de non ter competencias en materia de emprego directamente, sí apoia e fomenta a expansión comercial desta empresa cando “se promociona Sargadelos como destino maioritario no programa Km0, cando oferta becas de formación neste ámbito ou cando firma un convenio para realizar xornadas para promocionar e potenciar a empresa”.

Así como actúa a Deputación Provincial de Lugo pode actuar a Xunta de Galicia, “despois de aceptar o ERE de Sargadelos e rexeitar o ERE de O Castro, o Conselleiro de Economía, Javier Guerra, viuse obrigado a dar resposta ás dúbidas de tódolos traballadores ante esta decisión. Comprometeuse a axudar a esta empresa cun millón de euros hai un ano, e aínda non materializou a súa promesa na súa totalidade. Esperamos que as palabras de Villares sexan certas e que Sargadelos poida contar en breve coa parte que falta por recibir”.

Exit mobile version