Nota de prensa
O 10 DE XANEIRO COMEZARÁ A SEGUNDA QUENDA DO PROGRAMA DALLE VIDA AOS TEUS ANOS.
Burela, 21 de decembro de 2011. Rematou con boa acollida o primeiro turno do programa de estimulación congnitiva e prevención da dependencia Dalle vida aos teus anos, segundo ven de informar a Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade.
Diana Durán lembra que “esta actividade está dirixida a persoas maiores de 65 anos e durante o seu desenvolvemento trabállanse as distintas áreas que son necesarias para manterse autónomo/a o maior tempo posible e diminuir os factores de risco de padecer certas enfermidades”.
A segunda quenda deste programa dará comezo o 10 de xaneiro de 2012. A edil popular asegura que “ao longo destas dúas últimas semanas do ano aos inscritos e inscritas recordaráselles a data de inicio desta actividade de xeito personalizado”.