O PP REXEITA NO PARLAMENTO HABILITAR MEDIDAS E MEDIOS PARA PARALIZAR O ERE DE MOBLES HERMIDA DE LOURENZÁ
-O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández demandou tamén un Plan de reindustrialización para a Comarca da Mariña, pero tamén foi rexeitado
-Advirte que no ano 2011 durante moitos meses Galicia “tivo a triste honra de ser a Comunidade Autónoma na que mas creceu o número de ERES”. E critica que mentres tanto a Consellería de Traballo e o Goberno Galego “desaparecido en combate”
Santiago de Compostela, 14 de decembro de 2011. O portavoz de Traballo do Grupo Parlamentario Socialista Miguel Angel Fernández interveu hoxe no Pleno do Parlamento para defender unha emenda sobre o ERE da empresa Mobles Hermida de Lourenzá. A emenda foi rexeitada polo PP.
Na súa intervención Miguel Angel Fernández agradeceu a presencia dos traballadores da empresa laurentina na Cámara Autonómica, e enviou unha mensaxe de solidariedade e animo a todas as súas familias.
O deputado reclamou que se adopten as medidas e que se habiliten os medios de necesarios para impulsar un proceso de dialogo coa empresa e os seus traballadores, co obxectivo de acordar unha alternativa ao ERE instintivo presentado pola empresa, de xeito que se viabilice o seu futuro e o mantemento da maioría do seu cadro de persoal.
O parlamentario socialista demandou tamén un Plan de reindustrialización para a Comarca da Mariña.
Fernández López dixo que a noticia sobre o peche desta empresa “é unha moi mala tanto para o Concello como para a Comarca, donde se acaba de anunciar ademais o peche doutra empresa do sector da madeira que afectaría a outras 62 persoas do concello de Mondoñedo, Finsa (Ecar)”.
Ademais lembrou que a nosa comunidade autónoma encabeza o “ranking” no que a Expedientes de Regulación se refire. Explicou que no ano 2010 segundo os datos oficiais do Ministerio de Traballo, en Galicia fixéronse un total de 1139 expedientes que afectaron a un total de 14.105 traballadores.
Sinala tamén que o 70 % dos ERES da nosa Comunidade o foron por suspensión da actividades, este datos noutras comunidades corresponde a Catalunya 50%, Madrid 43% e Andalucia 48%.
Advirte ademais que no ano 2011 durante moitos meses Galicia “tivo a triste honra de ser a Comunidade Autónoma na que mas creceu o número de ERES”. E critica que mentres tanto a Consellería de Traballo e o Goberno Galego “desaparecido en combate”.
Así as cousas explica que esta esa é a realidade do noso pais, e o caso da empresa Mobles Hermida reflexa perfectamente a ausencia e a incapacidade do Goberno Galego no proceso negociador como nos outro centos de ERES que se producen na nosa Comunidade.
Reunión cos traballadores
Tralo debate da iniciativa parlamentaria representantes do Grupo Parlamentario Socialista, Ismael Rego, Jose Luis Méndez Romeu, Miguel Angel Fernández e Sonia Verdes mantiveron un pequeno encontro cos traballadores afectados. No acto tamén estivo presente o Alcalde de Mondoñedo, Orlando González Cruz.