Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP considera máis realistas as súas propostas que aas do BNG e lamenta non ter o seu apoio para o ERE de Muebles Hermida

Nota de prensa

A deputada Emma Álvarez lamenta que os nacionalistas rexeiten a proposta do PP, con medidas máis realistas para que a Xunta tramite o expediente de acordo coa legalidade e a normativa vixente

O GRUPO POPULAR ACUSA AO BNG DE PRESENTAR UNHA PROPOSTA “TOTALMENTE ILÓXICA E PRETENDER QUE A XUNTA INCUMPRA A LEI” RESPECTO AO ERE DA EMPRESA MUEBLES HERMIDA

A emenda do Grupo Popular incorporaba, ademais, a solicitude para que os traballadores afectados polo ERE, no suposto de que finalmente se aprobe, poidan acceder ás distintas políticas activas de emprego para facilitar a súa reincorporación ao mercado laboral

“Non parece lícito que se aproveite este feito dramático e doloroso para moitas familias para facer demagoxia e aproveitar a debilidade na que se atopan para enganalos e manipulalos, co un único fin: a loita partidista e as cotas de poder”, criticou

Santiago, 14 de decembro de 2011.- A deputada do Grupo Popular Emma Álvarez Chao lamentou hoxe que o BNG presente unha proposición respecto ao ERE prantexado pola empresa Muebles Hermida de Lourenzá “totalmente ilóxica e instando á Xunta a que incumpra a lei e rexeite a proposta do Partido Popular con medidas máis realistas para que a Xunta tramite o expediente de regulación de emprego estritamente de acordo coa legalidade e aplicando rigorosamente a normativa vixente”.

A emenda do Grupo Popular incorporaba, ademais, a solicitude para que os traballadores afectados polo ERE de Muebles Hermida, no suposto de que finalmente se aprobe, poidan acceder ás distintas políticas activas de emprego para facilitar a súa reincorporación ao mercado laboral e a posta en marcha de medidas encamiñadas á recuperación produtiva e á creación de novas oportunidades laborais na comarca da Mariña.

Emma Álvarez rexeitou a proposición non de lei presentada polo BNG porque “é totalmente ilóxica e non podemos instar á Xunta a que incumpra a lei”. “A Xunta de Galicia, e concretamente a Consellería de Traballo, como autoridade laboral ten a obriga de tramitar todos os expedientes de regulación desde o rigor e acorde coa lexislación, comprobando se existen as causas que orixinan o expediente”, explicou.

Así mesmo, nun intento de consensuar unha posición común entre todos os grupos políticos, atendendo a demanda dos traballadores afectados, a deputada popular propuxo votar por separado os distintos puntos da proposición presentada polo BNG, cuestión que os nacionalistas rexeitaron “máis interesados no posicionamento do PP respecto á súa consigna ERE NON que na busca de medidas encamiñadas a paliar a situación que vive a Mariña lucense”.

Neste sentido, criticou a demagoxia utilizada polos grupos da oposición e recordou que durante o Goberno bipartito se aprobaron máis de 1.500 expedientes de regulación de emprego, que afectaron a máis de 22.000 traballadores galegos que perderon o seu posto de traballo. Así mesmo, indicou que, “antes de resolver o ERE a Consellería, é necesario un informe preceptivo da Inspección de Traballo e Seguridade Social, paso no que se atopa neste momento o ERE presentado pola empresa Muebles Hermida.

MANTEMENTO DOS POSTOS DE TRABALLO

Emma Álvarez sinalou que “presentar un expediente de regulación de emprego, na maior parte dos casos, é a única fórmula que queda para garantir a continuidade dunha empresa e o mantemento dunha parte dos postos de traballo que xera, pero non é unha medida agradable para ningún empresario e, moito menos, para os traballadores afectados”.

“O que doe é a atitude partidista que están tomando algúns políticos xa desde o momento en que a empresa anunciou a presentación do ERE no mes de outubro”, sinalou a deputada popular, que engadiu que “non parece lícito que se aproveite este feito dramático e doloroso para moitas familias para facer demagoxia e aproveitar a debilidade na que se atopan para enganalos e manipulalos, co un único fin: a loita partidista e as cotas de poder”.

Neste sentido, criticou ao BNG porque “para vostedes prevalece o ERE NON diante do mantemento dos postos de traballo que se garantan coa continuidade da empresa”, a pesar de que “desde que se coñeceu a posibilidade da presentación do ERE ninguén, incluídos os traballadores, cuestionou a posibilidade de que se plantexara”.

MINIMIZAR O IMPACTO DO ERE

A deputada do Grupo Popular explicou que os criterios económicos que levaron a Muebles Hermida a presentar este ERE o pasado 3 de novembro “veñen marcados pola actual crise económica, crise económica na que afondou o noso país en gran medida a consecuencia das nefastas políticas levadas adiante polos socialistas en Madrid, co apoio do BNG”.

“En todo o proceso de negociación, o que se pretendeu foi minimizar o impacto do ERE, polo que as propostas que fixeron os representantes dos traballadores foron sempre encamiñadas a acadar medidas que minimizaran os efectos do mesmo”, manifestou Álvarez Chao. Neste sentido, recordou a mediación da Consellería de Traballo entre os responsables da empresa e os traballadores, que permitiu o pasado día 19 de novembro chegar a un preacordo, ratificado por 133 traballadores, que finalmente non se asinou a pesar da comunicación á prensa por parte do propio Comité de Empresa.

Exit mobile version