Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo municipal do PP asegura que ratifica ao alcalde de Burela na polemica pola falla de alumeado na vila

Nota de prensa

O EQUIPO DE GOBERNO CONSIDERA QUE “A HERDANZA DO BINOMIO LLANO-CANDO EQUIVALE A PRECARIEDADE ECONÓMICA” EN BURELA. DESDE O GMP RATIFICAN AO ALCALDE E SINALAN QUE “NON TER ALUMEADO DE NADAL É DURO, PERO NON PODEMOS CONTRATAR SE NON SE PODE PAGAR”.

Burela, 14 de decembro de 2011. O Grupo Municipal Popular (GMP) reitera as manifestacións do alcalde, José María González Barcia, sobre o importante recorte efectuado no alumeado de Nadal. O equipo de goberno considera que “a medida de non ter alumeado de Nadal é dura e non nos gusta a ninguén, pero non podemos contratar servicios que non podemos pagar, o contrario sería unha irresponsabilidade, e nós non imos contratar nada para logo ter que darlles largas aos proveedores, cousa que facían Llano e Cando. Esto enténdeo todo o mundo, porque todo o mundo quere cobrar polo traballo que fai ou polos servizos que presta”.

Desde o GMP, aseguran que “se entende perfectamente a postura da Asociación de Comerciantes, e tamén sabemos que eles entenden perfectamente a postura do Concello”. Segundo os edís populares “os cidadáns deben saber, e volvemos a decilo unha vez máis, que os presupostos de 2011 estaban inflados en nada máis e nada menos que en 800.000 euros, presupostos que cando chegamos ao Concello estaban agotados, pero como non había cartos, porque eses 800.000 euros nin se cobraron nin se cobrarán nunca, haberá facturas por ese importe que será moi difícil pagar.”

Para o equipo de goberno popular burelés, “o binomio Llano-Cando trae consigo unha herencia fantasmal, que equivale a precariedade económica. Non pagaron o alumeado de Nadal de 2010, non pagaron as festas de Burela deste ano, non pagaron nada da subministración eléctrica desde principios de ano hasta xuño, xeneraron débeda con Espina y Delfín hasta algo máis de trescentos mil euros; había retrasos con Sogama e con Celtaprix… etc. E agora atrévense a decir que o asunto se resolve con solucións que eles non foron capaces de poñer en práctica logo de investir douscentos millóns das antigas pesetas en, únicamente, cambiar farolas, pero sen cambiar as luminarias, pero eso sí, pedindo en todo momento aumento de potencia, o que estaba xenerando un incremento desmesurado da factura eléctrica”.

Os populares conclúen que “a irresponsabilidade do bipartito de decir sí a todo, non facer nada, e non pagar, acabouse, así lle facían á Confraría de Pescadores, que non lle pagaban desde hai anos o que se lle debía de Expomar. Igualmente, acabáronse os tempos de engañar á xente a base de mentiras, os cartos de todos hai que investilos no básico e eso é o que estamos a facer”.

Exit mobile version