Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo estreará a obra “Fume de carozo”

O grupo de teatro “O Bordelo” de Cervo remata outro ano ateigado de representacións espalladas pola xeografía galega e asturiana agradecendo o apoio de todos cantos compartiron e disfrutaron cos seus traballos escénicos. Como xa ven sendo costume dende hai catorce anos o vindeiro día cinco de xaneiro estreará unha nova peza, no Salón de actos do Concello despois da cabalgata dos Reis. Este novo traballo , orixinal do seu director Francisco Piñeiro, leva por título “Fume de carozo”.

Exit mobile version