Nota de prensa:
SETENTA FAMILIAS BENEFICIÁRONSE DA CAMPAÑA DE REPARTO DE XOGUETES QUE LEVARON ADIANTE O CONCELLO E O IES GAMALLO FIERROS.
Ribadeo, 30 de decembro de 2011. Setenta familias se beneficiaron da campaña Porque xogar é un dereito non un privilexio, agasalla xoguetes, agasalla ilusión que levaron adiante o Concello de Ribadeo e o IES Dionisio Gamallo Fierros.
A concelleira de Servizos Sociais, Teresa González Piñeiroa, dixo que “a campaña de recollida de xoguetes foi un éxito, tivo unha boa acollida entre os veciños e as veciñas de Ribadeo, que nos amosaron un grande sentimento de solidaridade”. Despois de recoller os xoguetes, éstes foron sometidos a un proceso de clasificación e exposición para que as familias máis necesitadas de Ribadeo puidesen acudir ás salas habilitadas no Concello a escoller os xoguetes para os seus nenos e nenas.
A edil nacionalista subliña que “aínda temos bastantes xoguetes, de aí que si algún avó, avoa ou calquera persoa interesada en regalarlle algo ao seu neto, ao seu sobriño, etc…nestas datas o único que ten que facer é poñerse en contacto co departamento de Servizos Sociais do Concello de Ribadeo”.