Nota de prensa:
HORACIO CUPEIRO PIDE COLABORACIÓN CIDADÁ PARA REDUCIR A PORCENTAXE DE IMPROPIOS QUE SE DEPOSITAN NOS CONTENEDORES AMARELOS EN RIBADEO, XA QUE DO 28 PASÓUSE AO 42% NOS ÚLTIMOS MESES.
Ribadeo, 15 de decembro de 2011. O concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, pide colaboración cidadá para reducir a porcentaxe de impropios que se depositan nos contenedores amarelos en Ribadeo, xa que do 28 pasóuse nos últimos meses ao 42%. O edil nacionalista lembra que só se poden depositar neses recipientes envases, latas e bricks.
Cupeiro contou que “hai unha semana tiven unha xuntanza coa responsable de Ecoembes en Galicia, encontro no que me transmitiu unha mala noticia que é que estamos no 42% de impropios depositados no contenedor amarelo cando antes esa cifra se situaba no 28%. Como isto lle acarrea unha penalización á empresa que está a recoller o contenedor amarelo de 5.000 euros este ano é polo que quero pedir unha vez máis á cidadanía que sexa responsable á hora de seleccionar e depositar os envases cada un no seu contenedor”.
O responsable de Medio Ambiente dixo que “onte estiven nunha parroquia e vin botellas de vidro no contenedor amarelo, plásticos, etc… quero lembrar que só se poden botar envases, latas e bricks, senón seremos penalizados de novo e iso conlevará á hora de sacar a concurso público o servizo un incremento no custe do mesmo”.
O edil do BNG manifestou que “Ecoembes realizou un estudio para implantar un sistema de depósito, devolución e retorno (SDDR), e víuse que facelo en España é moi difícil dado que hai 75.000 pequenos comercios e iso imposibilita levalo adiante. Con este sistema cando ti vas comprar pagas o envase e cando o devolves devólvenche os cartos, pero en España é imposible que se poida realizar no pequeno comercio que temos aquí. Temos que saber que a Unión Europea nos di que temos que estar por debaixo do 55% en reciclaxe e que estamos no 66%, quere dicir isto que estamos a seleccionar o lixo bastante ben… pero reitero a colaboración de todos para reducir no caso de Ribadeo o número de impropios que chegan ao contenedor amarelo”.
Excrementos dos cans
Cupeiro asegurou que no Concello se están a recibir moitas protestas da veciñanza pola presenza de excrementos de cans na vía pública, “quero recodar que a Lei 1/1993 de protección dos animais domésticos no seu artigo 7 di que os propietarios teñen que tomar as medidas necesarias para impedir que os animais ensucien o espazo público e non causen molestias e tamén di que serán sancionados cunha falta leve aqueles que non recollan os excrementos”.
O responsable de Medio Ambiente insistiu en que “levamos moito tempo falando disto e hai unha serie de persoas que seguen a facer oídos xordos e seguen sen recoller os excrementos, pídolles que os recollan porque os demáis non teñen porque andar pisando as deposicións das súas mascotas. Agardo que sexamos serios, aí é como demostraremos que como persoas e como veciños respectamos aos que están ao noso carón”.