Nota de prensa
HORACIO CUPEIRO LÉMBRALLE Á CIDADANÍA QUE PARA FACER OBRAS OU MOVIMENTOS NO CAMPOSANTO MUNICIPAL É PRECISO SOLICITAR AS AUTORIZACIÓNS PERTINENTES NO CONCELLO DE RIBADEO.
Ribadeo, 16 de decembro de 2011. O concelleiro de Cemiterios, Horacio Cupeiro, lémbralle á cidadanía que para fecer obras ou movimentos no camposanto municipal é preciso solicitar as autorizacións pertinentes no Concello de Ribadeo.
O edil nacionalista indicou que “estamos intentando facer un traballo importante dentro do cemiterio municipal polo que lle lembramos e lle pedimos á cidadanía que calquera movemento que se faga neste debe ser tramitado a través das dependencias municipais e non do operario que alí traballa”.
Horacio Cupeiro dixo que “a nosa intención é optimizar e mellorar o servizo que se presta no cemiterio, que ten enterramentos do século XIX, velando polo mantemento e a protección permanente dos que repousan nesas sepulturas”.
O concelleiro de Cemiterios reiterou que “para calquera cousa que se faga dentro do cemiterio municipal hai que acudir ao Concello a solicitar autorización para poder facer eses movimentos ou esas obras”.