Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS Pescados Rubén iniciou no CEIP Vista Alegre de Burela as visitas de Coñece o meu Club

Nota de prensa

O BURELA FS INICIA AS VISITAS DE ‘COÑECE O MEU CLUB’ NO CEIP VISTA ALEGRE

O CD Burela FS Pescados Rubén iniciou esta mesma mañá no CEIP Vista Alegre de Burela as visitas de “Coñece o meu Club”. Este é o segundo ano no que a entidade laranxa, comprometida coa formación de base dende o seu nacemento, participa na devandita actividade, integrada no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos e a facilitarlles aos escolares o coñecemento dos recursos dispoñibles no seu contorno.

O alumnado de terceiro e cuarto de Primaria internáronse no mundo do fútbol sala co director deportivo e adestrador de porteiros, Marcelo Santoro ‘Neco’, e os xogadores Dani Martín, Víctor Cachón e Ique. A visita reuniu arredor de medio cento de rapaces e rapazas, en sesións nas que practicaron fundamentos de control, pase e finalización de balón. Ao remate da cita, os representantes laranxas convidaron o alumnado burelao, xunto a seus pais, ao encontro do Burela FS-UPV Maristas Valencia, deste sábado, 17, en Vista Alegre (18.30 horas).

Próximas visitas. O fútbol sala laranxa volverá entrar nas aulas do Vista Alegre o venres, para compartir a xornada co estudantado de 5º e 6º, e o martes 20, co de 1º e 2º.

Exit mobile version