Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG advirte que o PP non concreta as medidas a executar para a activación de emprego na comarca da Mariña

Nota dre prensa

O BNG SUBSCRIBE O ACORDO PARLAMENTARIO PARA A ACTIVACIÓN DE EMPREGO NA COMARCA DA MARIÑA LUCENSE PERO ADVIRTE QUE O PP NON CONCRETA AS MEDIDAS A EXECUTAR

O portavoz de política laboral, Henrique Viéitez advertiu que o BNG non será un obstáculo na aprobación de acordos pero lamentou que a proposta do Partido popular non conleve medidas urxentes e concretas destinadas a resolver o desemprego nesta comarca

Santiago de Compostela, 28 de decembro, 2011. Trala votación, por unanimidade, da iniciativa do Partido popular sobre a posta en marcha das decisións e dos mecanismos precisos para un plano de recuperación do emprego e actividade económica da Mariña e nomeadamente nos concellos de Lourenzá e Mondoñedo, o portavoz de política laboral, Henrique Viéitez afirmou que o BNG non será nunca un obstáculo na procura da activación de emprego pero matizou que o Partido popular non aceptou a emenda nacionalista con “medidas concretas e urxentes” nesta liña.

Viéitez advertiu que, tras o acordo parlamentario, o BNG realizará un seguimento do contido do acordo e actuacións coa empresa ECAR para impedir o seu peche así como a revisión do ERE de Mobles Hermida.

Na súa intervención, o nacionalista lembrou que o BNG defendeu na última sesión plenaria unha proposta encamiñada a paralización do ERE extintivo de Mobles Hermida e que foi o Partido popular o que “impediu un acordo de todas as forzas políticas”.

Viéitez salientou que dende que goberno o PP na Xunta, a comarca da Mariña de Lugo experimentou un incremento no desemprego do 25% que se traduce en 1.000 postos de desemprego máis, (actualmente 4.939).

Para o deputado do BNG, o acordo parlamentario acadado hoxe responde a á “mala conciencia” dos deputados do Partido popular, J. Balseiro e Enma Álvarez que de maneira reiterada votaron en contra de propostas para a creación de emprego na comarca da Mariña e que agora- dixo-, “pretenden emendar” cun acordo na Cámara galega.

Viétez reclamou que a Xunta de Galiza “rectifique a súa posición pasiva” e de espectador ante a destrución de emprego e acometa “accións concretas” para fomentar a actividade laboral e planos de acompañamento social para as persoas desempregadas e sen prestación económica, concluíu.

Exit mobile version