Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo anuncia que a axuda da Xunta que aínda queda por recibir Sargadelo materializase en breve

Nota de prensa

O GOBERNO CERVENSE LÉMBRALLE AOS SOCIALISTAS QUE A DEPUTACIÓN NON SE COMPROMETEU “EN UN SÓ EURO” NIN COS TRABALLADORES NIN COA CERÁMICA DE SARGADELOS

Os responsables municipais recórdanlle á voceira do PSOE local e vicepresidenta do ente provincial que dese xeito elle moi doado reclamar compromisos doutras administracións como a Xunta de Galicia que, sen embargo, si apostou pola viabilidade desta empresa senlleira mediante unha liña de axudas económicas

Confían en que a porcentaxe da axuda procedente da Xunta de Galicia que aínda queda por recibir a cerámica cervense será materializada en breve polo Goberno autonómico

Cervo, 20 de decembro de 2011.- Os integrantes do Goberno municipal valoraron de xeito positivo o acordo adoptado entre a plantilla e responsables da empresa Cerámicas de Sargadelos polo cal os traballadores aceptarán unha redución da súa xornada laboral para os vindeiros anos 2012 e 2013. Lembraron que as condicións económicas polas que atravesa actualmente o país obrigan e ter que asumir este tipo de decisións “tendentes a adoptar medidas que non son doadas para ninguén, pero que só buscan facer o posible para pasar este bache que estamos atravesando e volver á senda do crecemento e do emprego no menor tempo posible”.

Moi doado para a Deputación asumir os seus compromisos con Sargadelos

O Goberno local reiterou que a Xunta de Galicia asumira esforzos salientables de cara a colaborar no futuro desta empresa senlleira non só para Cervo, se non tamén para a comarca da Mariña e para Galicia. “O Goberno autonómico materializou o seu compromiso con Sargadelos mediante unha serie de axudas económicas importantes, das cales aínda quedan flecos por saldar, pero estamos convencidos de que en breve a Xunta materializará o pequeno porcentaxe que lle queda por cumprir do seu compromiso para garantir o futuro e a viabilidade de Sargadelos” recalcaron, ao tempo que amosaron a súa perplexidade polas declaracións do Partido Socialista e da súa voceira e vicepresidenta na Deputación, Lara Méndez. Tiraron de ironía para contestarlle a Méndez recoñecendo que a Deputación “cumpriu ao 100 por 100 os seus compromisos coa empresa Sargadelos e cos seus traballadores, aínda que tampouco lle era moi difícil cumprilos, posto que non se comprometeu con esta empresa en un só euro e polo tanto, elles moi doado alcanzar os seus obxectivos”.

Exit mobile version