Site icon Crónica3.com A Mariña

Indica o PSOE de Foz que o PP votou en contra de reclamarlle á Xunta a paga adicional das pensións non contributivas prometida en campaña electoral

Nota de prensa:

A moción de urxencia presentada polo Grupo Municipal Socialista para reclamar da Xunta de Galicia o abono inmediato da paga adicional das pensións non contributivas foi aprobada cos votos dos partidos da oposición e votada en contra polo Partido Popular.

O grupo Municipal Socialista do Concello de Foz, presentou unha moción de urxencia, para reclamar da Xunta de Galicia o abono inmediato da paga adicional das pensións non contributivas, no pleno que se celebrou no día de onte.

Vistas as declaracións feitas polo Executivo Autonómico, relativas a demora do cobro de da paga adicional das pensións non contributivas, anunciada polo presidente Feijoo e incluso feito eco polo Concelleiro de Servizos Sociais de Foz, Sr. Pavón, enviando unha carta a cada un dos perceptores de dita paga dicindo que seria abonada no mes de decembro, carta enviada por certo con recursos de tódolos focenses, cousa que recriminamos dende as filas socialistas crendo que se tratou de unha cuestión de tintes electoralistas xa que foi remitida nos últimos días da pasada campaña electoral e en todo caso seria a Xunta a quen lle correspondería facer o aviso e non o Concello de Foz.

O grupo Municipal Socialista entende que é de moi escasa sensibilidade, por parte da Xunta de Galicia, aprazar o pago desta paga comprometida para o exercicio do ano 2011, máxime cando os beneficiarios son as persoas que menos recursos teñen.

Polo que o Grupo Municipal Socialista someteu á consideración do Pleno una moción, na que este adoptou o seguinte acordo:

Solicitar a Xunta de Galicia unha seriedade exquisita sobre este asunto, que se faga efectiva dita paga o antes posíbel, tomando antes posíbel como inmediatamente, debido a que este diñeiro e moi necesario para a subsistencia das persoas que menos recursos teñen.

Dita moción foi aprobada cos votos a favor de tódolos partidos da oposición e o voto en contra do Partido Popular. Chamativa resulta, cando menos, a postura do Partido Popular de Foz que antepón os intereses da Xunta aos das persoas con menos recursos. Non entendemos, nin entenderan seguramente moitos pensionistas, que despois de haber enviado unha carta dende o Concello, e asinada polo Concelleiro de Servizos Sociais, comunicando que ían cobrar en decembro, agora se desmarquen da iniciativa de que este pago se faga efectivo de inmediato.

Exit mobile version