Site icon Crónica3.com A Mariña

Independientes de Viveiro presenta varioas rogos e preguntas ao pleno

Nota de prensa

Independientes de Viveiro

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz do GRUPO MUNICIPAL DO PARTIDO INDEPENDIENTES DE VIVEIRO (iVi), no Concello de Viveiro,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
PREGUNTAS

Unha das fontes máis antiguas de Viveiro, que data do seculo XIV, a do Cadafalso, no inicio da rúa Alonso Pérez, que conta con tres saidas para auga , esta practicamente sen caudal. Varios usuarios que acudían diariamente a ela fixéronnos chegar as súas queixas dado que non lle atopan explicación o porque non chega a auga os canos. Temén que a auga sexa desviada no percorrido. Por elo SOLICITAMOS a Concellería de Obras que busque o problema e lle dia unha solución a fin de poñela en funcionamento.

Dun tempo a esta parte estáse notando cada vez maís, que tanto nas rúas, aceras e tamén nos xardins dos parques e zonas de xogos infantis atòpanse escrementos de cans, o que ademáis de ser una guarrada deixa unha imaxen que ten bastante que desexar. Si son moitos os donos que recollen os escrementos outro moitos non o fan. SOLICITAMOS o equipo de goberno que extreme a vixiancia, e aplique a ordenanza municipal correspondente e proceda a sancionar os infractores.

A finais do pasado mes de Novembro foi clausurada a Exposición da conmemoración do bicentanario do ilustre viveirense, D. Nicomedes Pastor Díaz Corbelle, que durante un tempo estivo aberta no salón multiusos do Conservatorio de música e que foi organizada maxiatralmente polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro. Estaba previsto que a Real Academia Galega fixera a un acto na nosa cidade, como remate a este bicentenario. Ó final no foi así e celebrarouse na cidade da Coruña o día 1 de Decembre. Nese acto non houbo ninguha representación institucional da Corporación Municipal de Viveiro, que lembremos representa a tódoslos veciños e veciñas do Concello. Por elo, preguntamos o equipo de goberno, ¿Deuse algunha explicación por parte a RAG para a non celebración en Viveiro dese acto?, ¿Foi invitado o Sr. Alcalde o acto na cidade herculina?

Varias farolas da variante levan tempo sen arranxar, asi como a da curva frente o IES María Sarmiento. ¿Cando esta previsto o posta en funcionamento de novo?

Co respecto o alumeado público, ten o equipo goberno pensado na reestructuración do mesmo ó obxeto do afarro enerxético?

Antes da entrada o barrio da Atalaia, hay bastante deficiencia en canto a puntos de luz se refire. SOLICITAMOS a Concellería de Obras a súa revisión e estudio para ver se son suficientes.

Despois das obras de acceso na Rúa Atalaia, dende o barrio o Celeiriño, quedárase en retanquear o xardin que esta o pé das escaleiras, para que poidesen xirar os vehículos. ¿cando esta previsto realizar esa obra?

O pasado mes de Xaneiro de 2011 o deputado autonómico Sr. Balseiro, anunciaba a bombo e platillo o inminente arranxo da LU-862 entre Viveiro e o límite de provincia. A obra en dita estrada foi realizada ata o alto das sirenas. Tanto na travesias de Cantarrana, asi como na Avda da Marina e tamén en Avda Ramón Canosa hay suficientes baches como pa acelerar o seu remate. Por elo preguntamos ¿Ten constancia o equipo de goberno para cando se vai proceder o remate deste obra?,

ROGOS

A antigua pista da Centro de Xuventude (antigua OJE), atópase con chan cheo de musgo, o que provoca un perigro para os nenos/as que ali xogan. Por elo e facéndonos eco da petición de varios pais ROGAMOS que por parte do Concello se inste a Xunta de Galicia para que proceda o seu adecentamento.

Despois dunhas obras realizas da carretera Viveiro-Ribadeo o seu paso pola lugar da Casanova en Celeiro, sacarónse dous indicadores en ámbalas direccións que sinalaban a entrada a Atalaia. A esta data ainda no estan postos de novo. ROGAMOS a Concellería de Obras os volte a reponer a maior brevidade.

Nas obras da VAC entre San Cibrao e Celeiro, dende o alto do Cruceiro ata o cruce de Area, fixéronse varios desvios provisionais, e dado o perigo de conlevan ROGAMOS que se fagan as xestións oportunas para a sinalización deses tramos a maior brevedade posible para evitar novos accidentes.

Exit mobile version