Nota de prensa:
SEMANA SOLIDARIA EN XOVE – OPERACIÓN KILO
Dende o pasado luns 12 de decembro e ata o martes 20, está en marcha unha SEMANA SOLIDARIA EN XOVE, chamada OPERACIÓN KILO, que, organizada por CÁRITAS INTERPARROQUIAL, pretende concenciar aos cidadáns da importancia que ten ser solidario, máis nestes intres de fonda crise.
Dentro desta Semana organizouse unha dobre campaña: CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE XOGUETES e CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS NON PERECEDEIROS. Neste sentido, invítase aos veciños e visitantes de Xove nestas datas a compartir cos máis necesitados, tanto xoguetes coma alimentos. Os organizadores da campaña piden que os xoguetes que se donen estén nun bó estado.
O centro de recollida, tanto de xoguetes coma de alimentos, é a Oficina Municipal de Turismo de Xove, sita na Avenida Deputación. En canto ao horario de recollida, é polas mañás de 11:00 a 13:30 horas