Site icon Crónica3.com A Mariña

Burela acollerá Merlín e familia, unha adaptación teatral na Casa da Cultura

Nota de prensa

BURELA ACOLLERÁ UNHA ADAPTACIÓN DE MERLÍN E FAMILIA O VINDEIRO 22 DE DECEMBRO. TRÁTASE DUNHA ACTIVIDADE DA ESCOLA DE MÚSICA.

Burela, 20 de decembro de 2011. Burela acollerá Merlín e familia, unha adaptación teatral da que poderán disfrutar todos os que o desexen o vindeiro 22 de decembro a partires das 20:30 horas na Casa da Cultura.

O director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, sinalou que “sempre no nadal tentamos facer algo especial e este ano se nos ocorreu isto. A involucración de todo o mundo é moi importante, hai un par de meses que deron comezo os ensaios de escea. Contamos coa colaboración de Tomás Pérez Retorta que, a parte de ser alumno e ter a casi toda a familia na Escola de Música, é unha persoa cun talante moi alto para facer isto e ten unha grande experiencia no mundo escénico. Contar con xente coma él é un luxo”.

Carballal dixo que “o profesorado e os alumnos da Escola formamos unha pequena orquestra. A obra divídise en cinco esceas, hai un narrador que é Felipe Bello, que vai contando como era a súa vida ao lado de Merlín. Despois chegan distintas anécdotas e historias que se van narrando ao longo de toda a obra e que ten un apoio puntual musical”. O director da Escola de Música de Burela indicou que “non se trata tampouco de facer unha banda sonora senón facer unhas pequenas intervencións musicias tratando de ambientar a obra e darlle unha visión distinta”. Xan Carballal lembrou que “Merlín e familia se representou tamén en Mondoñedo o pasado sábado con moito éxito, aínda que era outra escenografía. Neste caso tentaremos que todo estea á altura do que agarda o público”.

Na presentación deste acto participaron o alcalde de Burela, a concelleira de Cultura, o director da Escola de Música e un responsable de Asuembu, entre outros.

Exit mobile version