Nota de prensa
OS MAGOS DE ORIENTE VISITARÁN EN BARREIROS O NACEMENTO VIVIENTE DO CENTRO SOCIOCULTURAL MANUEL DÍAZ SAMPEDRO.
Barreiros, 29 de decembro de 2011. Todo está listo en Barreiros para recibir aos Reis Magos o vindeiro 5 de xaneiro. As súas maxestades percorrerán as principais rúas de San Cosme a partires das 19:30 horas e despois trasladaránse ao centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro para ver a todos os nenos do concello que queiran achegarse a saudalos e a recibir os agasallos que lles van entregar.
Os Magos de Oriente visitarán o nacemento viviente, alí instalado.
Concerto de Nadal
Por outra banda, o 6 de xaneiro a partires das 20 horas no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro terá lugar o tradicional concerto de Nadal. Nesta ocasión participarán a Coral de San Ciprián, o Coro Stella Maris de Nigrán e a Coral de Barreiros.