Alumnado de 3 a 5 anos do CPR Martínez Otero visitou a Casa da Xuventude para realizar unha videoconferencia con Papá Noel, que estaba en Laponia ultimando os últimos detalles para levar agasallos a todos os nenos e nenas do mundo. Puideron falar con el e dicirlle os seus desexos para a noite do día 24, que agardan con ilusión e nerviosismo. Papá Noel prometeulles agasallos para todos/as e tamén para o profesorado, que según os/as nenos/as se portaron moi ben durante todo o ano.