Site icon Crónica3.com A Mariña

Afirma o BNG que o PP leva adiante o ERE de Mobles Hermida a pesar das graves consecuencias para a Mariña

Nota de prensa:

O PP DESOE AO BNG E LEVA ADIANTE O ERE DE MOBLES HERMIDA, A PESAR DAS GRAVES CONSECUENCIAS ECONÓMICAS PARA A COMARCA DA MARIÑA

O deputado Manuel Parga reclamou buscar outras formulas para conservar o emprego nesta empresa con grande incidencia económica na comarca

Santiago de Compostela, 14 de novembro, 2011.Pleno. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez defendeu hoxe unha Proposición non de lei para instar ao Goberno galego a paralizar o ERE extensivo presentado pola empresa Mobles Hermida de Lourenzá.

A proposta nacionalista, rexeitada polo Partido popular, tamén reclamaba a posta en marcha de medidas concretas para a creación e consolidación de emprego nesta comarca.

Parga Núñez principiou a súa intervención saudando ao colectivo de traballadores e traballadoras afectados polo ERE de Mobles Hermida presentes no debate e denunciou a “ausencia” no mesmo, dos conselleiros de Industria e Traballo, Javier Guerra e Beatriz Mato dos que dixo “isto é o que lle interesa ao Goberno galego o emprego na Mariña de Lugo e aos conselleiros de industria e traballo a situación dos traballadores e traballadoras”.

Política laboral ineficaz

Neste sentido, cuestionou as políticas de emprego da Xunta de Galiza como o “Impulsa Lugo” que por mor dos datos sobre o desemprego na provincia confirma , dixo, “ a súa ineficacia”.

O deputado reiterou que existen “formulas menos traumáticas” e pódense manter os 94 postos de traballo afectado por este ERE se existirá “vontade política para elo” un ERE, lembrou, ao que hai que sumar outro tamén de carácter extintivo que no seu momento afectou a 18 traballadores e traballadoras.

Parga avogou por acadar un compromiso do conxunto das forzas políticas parlamentarias e do Goberno galego para dar solución e alternativas aos traballares/as desta empresa, compromiso que o Partido popular impediu.

O deputado tamén reclamou desenvolver planos de actuación con “medidas concretas” e non anuncios porque a realidade, dixo é que “ na provincia de Lugo incrementouse o paro nun 40% e un 32% na comarca da Mariña”.

Deixen vostedes de practicar “unha eutanasia activa” nesta comarca, manifestou e volveu demandar unha rectificación do grupo maioritario para que os traballadores e traballadoras conserven os seus postos de traballo.

Trala intervención da portavoz do PP, o parlamentario do BNG concluíu a súa intervención acusando a Enma Álvarez de “defender a empresa e o ERE extensivo”, a pesar da a obriga do Goberno a defender políticas de emprego que consoliden os postos de traballo.

Exit mobile version