Site icon Crónica3.com A Mariña

A ONCE recoñece cun premio o traballo da Deputación á prol da accesibilidade na área da cultura

Nota de prensa:

A ONCE RECOÑECE CUN PREMIO O TRABALLO A PROL DA ACCESIBILIDADE NA ÁREA DE CULTURA DA DEPUTACIÓN

A Rede Museística Provincial foi galardoada onte na categoría de accesibilidade universal nos V Premios Solidarios da ONCE en Galiza, que se entregarán en xaneiro

Mario Outeiro congratulouse e felicitou ao departamento de capacidades diferentes da Rede Museística polo seu traballo destes anos a prol da accesibilidade global

LUGO, 15 de decembro de 2011. O vicepresidente da Deputación de Lugo, o nacionalista Antonio Veiga, o delegado de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, e Encarna Lago, xerente da Rede Museística Provincial, xuntáronse esta mañá no Pazo de San Marcos tras coñecer o fallo do xurado que se produciou onte, no que a Área de Cultura e Turismo da Deputación de Lugo resultaba premiada nos V Premios Solidarios ONCE en Galiza. En concreto, a ONCE valorou o traballo global de accesibilidade levado a cabo na Rede Museística Provincial de Lugo na categoría de Accesibilidade Universal, destacando o programa institucional inclusivo “Pelexar polo posible, loitar polo invisible”, que se desenvolve como unha acción global desde 2008 na Rede Museística Provincial de Lugo, que aglutina aos Museo de Lugo, do Mar (San Cibrao), de Tor (Monforte) e á Fortaleza San Paio de Narla (Friol).

A xuízo do xurado, o traballo desenvolvido pola Rede Museística denota unha importante sensibilización e esforzo ao pór en marcha un paquete integral de actuacións de accesibilidade universal en lugares emblemáticos, como son os edificios que albergan os museos, ao mesmo tempo que normalizou eficazmente a participación do colectivo de persoas con discapacidade en todas as actividades programadas, así como na propia inclusión como traballadores dos museos.

Exit mobile version