Aquí pode ver ou descargar a foto grande
Nota de prensa:
A IMAXE MÁIS ESPERADA
Esta é a quinta tempada da entidade laranxa na xestión da escola deportiva de fútbol sala, cun importante apoio do sector privado e coa colaboración do Concello de Burela. En 2011-12, 8 equipos da escola e os 2 da base do club compoñen a estrutura de futuro do CD Burela FS.
A gran familia burelista volverá coarse nos fogares mariñáns para felicitar a chegada do novo ano co xa tradicional Calendario Laranxa.