Site icon Crónica3.com A Mariña

A Concellería de Cultura de Alfoz programou diversas e variadas actividades ata fin de mes

Nota de prensa

Pola presente quixera informarvos sobre as actividades que realizaremos dende a Concellería de Cultura, Turismo, Xuventude e Educación do Concello de Alfoz, dentro do programa “Sábados Culturais” que estamos celebrando todos os sábados ás 8 da tarde dende o mes de setembro e que, neste mes tivemos que variar dado a coincidencia cos festivos de nadal, e trasladalo aos venres.

Estas actividades teñen lugar no Salón de Actos da Casa da Cultura de Alfoz. A entrada é libre e gratuita.

Sábado 17, ás 20 horas. Celebraremos un Concerto homenaxe ás antigas orquestras do noso val, como eran “Los Valles”, “Los Mejoranos”, “Orquesta Pena” ou “Os Maseda”. Participarán Manolo Pena, Manolo Cabaleiro e Armando Vizoso, antigos integrantes das mesmas, contando coa colaboración ao piano do compositor Jorge Oliveira. Interpretarán temas populares, boleros, cumbias e outras pezas festivas.
Achego unha imaxe da Orquesta Maseda nunha actuación.

Venres 23, ás 20 horas. Para dar comezo á tempada de Nadal teremos a actuación da “Coral Virxe das Dores” de Ferreira do Valadouro, que nos deleitará cun concerto de Panxoliñas de Nadal.

Venres 30, ás 20 horas. Gran Final do I Torneo de Nadal de Videoxogos nas modalidades de “Pro Evolution Soccer” e “Just Dance”. E a continuación terá lugar a entrega de premios.
Este Torneo de Nadal de Videoxogos organizado pola Oficina de Información Xuvenil, OMIX, terá lugar os días 27, 28, 29 e 30 de decembro polas tardes. Está dirixido a todos os maiores de 7 anos que queiran participar en calquera das dúas modalidades e poden inscribirse nas oficinas da OMIX de Alfoz, no 982.57.12.71 ou na dirección de correo electrónico campeonatopro2011@gmail.com, sempre antes do 22 de decembro.

Para calquer outra dúbida, podedes consultar a web do concello: www.concellodealfoz.com

Exit mobile version