Site icon Crónica3.com A Mariña

A asociación de veciños de Valcarría en Viveiro trouxo a Xurxo Souto para animar unha xornada

A asociación de veciños de Valcarría ( Viveiro ) celebrou no serán do pasado domingo día 11 de novembro unha actividade cultural na que os veciños e veciñas puideron disfrutar da música e das historias ao redor da música a cargo do polífacético Xurxo Souto. Unha xornada na que o maior protagonista, xunto con medio centenar de veciñas e veciños , foi o acordeón, instrumento que  Xurxo Souto  fixo soar para rendir así unha homenaxe e lembrar nesta xornada as grandes orquestas locais , como non poderia ser doutro xeito estando en Valcarria a Orquestra Capitol , aos Satélites, os Tamara… ou ao cantante , mito da música galega, Pucho Boedo, entonando versos de Curros Enriquez e Rosalia aos que Pucho lles puxo música.

Exit mobile version