Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa son 14 os cabalos apreixados polo concello de Ribadeo por causar danos en cultivos e montes

Nota de prensa

XA SON TRECE OS CABALOS APREIXADOS POLO CONCELLO DE RIBADEO, PERO AÍNDA HAI MÁIS RESES CEIBAS QUE ESTÁN A CAUSAR DANOS EN CULTIVOS E MONTES PARTICULARES.
Ribadeo, 18 de novembro de 2011. O Concello apreixou nas últimas horas outras cinco reses equinas que estaban a causar danos en cultivos e montes de particulares. Xunto ás collidas hai uns días fan un total de 13. Todas se atopan nun curro acondicionado para este fin en Covelas.
O alcalde, Fernando Suárez, apuntaba este mediodía que “a situación está chegando a ser crítica, de feito xa se colleron trece cabalos, pero aínda hai máis polo monte. O rexedor amosa as súas dúbidas de que esta situación sexa fortuita e suxire que “poida ser de xente que agora non se queira facer cargos deles diante da situación de responsabilidade económica á que debería facer fronte”.
Suárez Barcia subliña que “esta labor absolutamente extraordinaria para un Concello é considerada moi necesaria” e lamenta que “ningunha outra administración se faga cargo desta situación deixando só ao Concello como garante da conciliación dos intereses dos veciños”.

Exit mobile version