NOTA DE PRENSA
Jaime Cancio Rodríguez, Ana Mª López Campoamor, Mª Ángeles Veiga Varela en representación do grupo Municipal UNIFOZ na Corporación Municipal e no seu nome o seu portavoz Jaime Cancio Rodríguez .
UNIFOZ, quere manifestar publicamente a falta de preocupación do E. Goberno do PP polos veciños de Foz.
-Escola de Música.- Despois de máis dun mes da baixa do titular da praza de director da E.Música e profesor de guitarra e co servizo descuberto o E.Goberno decide convocar agora a praza de presa e correndo, pois faino coa mínima publicidade, os aspirantes so terán de prazo ata o mércores para poder presentarse.
O normal sería convocar a praza fai preto dun mes e facelo cun mínimo de 15 días, e informar tamén mediante a Bolsa de Emprego.
Dende UNIFOZ, esperamos que o tribunal teña formado por algún especialista e non como se fixo en outros casos recentes con funcionarios ( con todos os respectos) presuntamente sen coñecemento da materia.
UNIFOZ, pídelle ao E.Goberno do PP que prolongue o prazo para a presentación de instancias dando a máxima publicidade da convocatoria, así como , que no tribunal teña formado por especialistas.
.Rúa Avenida da Mariña e Álvaro Cunqueiro Unifoz, ten que denunciar publicamente a lentitude coa que se están a facer as obras da Avda da Mariña, e o perxuicio que iso está a supoñer para os veciños e de forma moi especial para os comerciantes da rúa, coincidindo ademais nunha época con tantas dificultades.
Así mesmo tamén é difícil de entender como as obras municipais na acera rúa Alvaro Cunqueiro , intersección con García Lorca, están paradas e sen rematar despois de fai tanto tempo, dificultando o tránsito normal das persoas.
UNIFOZ, esixe a o E.Goberno axilice as obras ao máximo para que non se prologue máis o as dificultades aos veciños.