Site icon Crónica3.com A Mariña

Servizos Sociais de Burela informa que a Xunta abriu o prazo para participación no programa Xuntos polo Nadal

Nota de prensa

ATA O 30 DE NOVEMBRO ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NO PROGRAMA XUNTOS POLO NADAL DA XUNTA, SEGUNDO INFORMA DIANA DURÁN, CONCELLEIRA DE SERVIZOS SOCIAIS EN BURELA.

Burela, 14 de novembro de 2011. A Concellería de Servizos Sociais, Muller, Igualdade e Sanidade informa que ata o día 30 do presente mes de novembro está aberto o prazo para solicitar a participación no programa Xuntos polo Nadal, que organiza a Consellería de Traballo e Benestar. Diana Durán lembra que “dito programa pretende que as persoas maiores residentes na comunidade autónoma de Galicia e que polo Nadal se atopen soas, pasen estas datas acompañadas. Os que se atopen nesta situación poderán disfrutar dunha estancia dende o 23 de decembro do 2011 ata o 1 de xaneiro do 2012 na Residencia de Tempo Libre de Panxón. O programa contempla o aloxamento, en habitacións dobres e manutención en réxime de pensión completa, durante 10 días (9 noites)”.

Este programa, Xuntos polo Nadal, está dirixido ás persoas maiores de 65 anos ou pensionistas maiores de 60 anos que se valen por si mesmas, non sufren ningunha enfermidade infectocontaxiosa ou trastornos mentais ou conductuais, que teñen un nivel de ingresos económicos baixos e van estar soas no Nadal.

Os interesados neste programa deberán dirixirse ao Departamento de Servizos Sociais do Concello de Burela en horario de 8:00 a 15:00 horas, de luns a venres.

Exit mobile version