Cidadán amantes da natureza queren facer pública a situación na que se atopan os camiños dos nosos montes, sobre todo aqueles que teñen acceso a veículos, xa que se prestan a depositar lixo de forma máis cómoda que levar os refugallos aos puntos limpos ou chamar os servizos dos concellos para que os recollan. En troques o incivismo vai creando moreas de vertedoiros incontrolados, que amosan unha penosa imaxe do patrimonio natrual, como se pode ver nesta foto tomada no camiño da Rega, entre Cervo e Burela.