Nota de prensa
OS VECIÑOS DE CERVO LEVAN TRES MESES SOPORTANDO A TURBIEDADE DA AGUA E O ALCALDE SEGUE SEN DAR UNHA SOLUCIÓN
-Os socialistas alertaron ó Concello do problema xa a principios do mes de setembro, “continuamos igual a finais de novembro e o señor Villares non dá explicacións”
-Aseguran que o problema non é só a cor da auga, “os veciños non saben qué facer á hora de consumila e o problema está afectando incluso á hixiene persoal dos cervenses”
CERVO, 25 DE NOVEMBRO. Os veciños de Cervo levan tres meses agardando a que o equipo de goberno faga algo para solucionar o problema que teñen coa auga. Día sí e día tamén, ven saír das billas das súas casas a auga moi turbia, cun aspecto desagradable e cunha cor amarillenta. Os membros do Grupo Municipal Socialista denuncian que “o problema segue aí. Esiximos ó señor alcalde, Alfonso Villares, que se poña as pilas e que solucione este problema canto antes, os veciños non teñen por qué esperar máis tempo”.
Os socialistas alertaron do problema xa a principios do mes de setembro e trasladaron as queixas dos veciños ó Concello, pero “estamos finalizando novembro e continuamos igual. Os cervenses non saben qué facer, dubidan á hora de consumir esta auga e incluso o problema está afectando á súa hixiene persoal. Moitos son os que nos din que é moi desagradable ter que asearse con esta auga”.
Dende o GMS aseguran que os veciños “chaman ó Concello para denunciar o problema e a única resposta que reciben é que o equipo de goberno xa é coñecedor da situación. Non basta con saber os problemas do municipio, hai que traballar para ofrecer unha solución ós veciños, e iso, é responsabilidade do señor Villares. É urxente que se tomen medidas para solucionar isto canto antes, os cervenses non poden continuar así, a expensas da inoperancia do alcalde. Villares débelles unha explicación a tódolos veciños