Nota de prensa
O alcalde de Burela, González Barcia, trata de enganar aos veciños da Mariña anunciando unha futura ampliación do Hospital da Costa, facendo alusións á reserva dun solo dotacional no PXOM que se está a redactar no Concello de Burela.
Agora mesmo o entorno do Hospital conta con terreo reservado con solo dotacional suficiente para comezar a facer a necesaria ampliación que urxe para ofrecer unha atención de calidade aos usuarios. O que está anunciando agora, interpretando á súa maneira unha petición de información da Consellería de Sanidade, non representa unha garantía de dita ampliación, xa que o avance de presupostos da Xunta para o 2012 e anualidades futuras, non contempla por ningún lado unha obra que de repente aparece sospeitosamente en plena campaña electoral.
Contradícese tamén coa realidade diaria do centro hospitalario, no que vemos diariamente que se están reducindo servizos, persoal de sustitucións, presuposto de funcionamento, e, sobre todo, se está padecendo un insoportable aumento de listas de espera.
Recordarlle tamén que no seu momento, o goberno presidido por Emilio Pérez Touriño, sí que fixo unha asignación nos orzamentos para o plan director do Hospital e para o seu desenvolvemento, por importe de sete millóns de euros, perfectamente comprobable nos presupostos elaborados no seu momento, e que a actual Xunta de Feijóo, eliminou nada máis tomar posesión, consecuencia que estamos a sufrir hoxe en día no mal funcionamento e falta de espazo que presenta o Hospital da Costa.
Pola nosa parte, non faltará nunca o noso compromiso adquirido para o seu bó funcionamento, e de feito véñense de presentar as alegacións aos presupostos do 2012 por un importe de dous millóns de euros para o Plan Director do Hospital en primeira anualidade, que leva esquecido en algún lugar de San
Caetano dende o ano 2009, que tería como consecuencia que o centro hospitalario adquiriría un nivel de Hospital Xeral, e non comarcal.