Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE asegura que nos orzamentos da Xunta non aparece nin un solo centimo para ampliar o Hospital da Costa

Nota de prensa

Rego responde ao anuncio de Feijoo nun acto electoral en Cangas de Foz

OS SOCIALISTAS DIN QUE NOS ORZAMENTOS DE FEIJOO “NON APARECE NIN UN SOLO CÉNTIMO PARA AMPLIACIÓN DO HOSPITAL DA COSTA”

– O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael Rego dixo que os únicos compromisos de Feijoo que poden considerarse validos sobre a ampliación do Hospital da Costa de Burela “son os que aparecen reflexados nos orzamentos da Comunidade Autónoma”

-Lémbralle ao Presídente da Xunta que os seus anunciados compromisos sobre a ampliación desta infraestructura poden realizarse “si é aceptada a emenda presentado polo PSdeG-PSOE por un importe de 2 millóns de euros”

Santiago, 19 de novembro de 2011. O deputado do Grupo Parlamentario Socialista Ismael dixo hoxe que os únicos compromisos de Feijoo que poden considerarse validos sobre a ampliación do Hospital da Costa de Burela “son os que aparecen reflexados nos orzamentos da Comunidade Autónoma”, por iso advirte que polo de agora “nas contas autonómicas para o ano 2012 non aparece un solo céntimo”, insistiu.

Rego fixo esta afirmación tras coñecer as declaracións do Presidente de Feijoo, que durante un acto electoral en Cangas de Foz ratificou o seu compromiso coa ampliación do Hospital da Costa.

O parlamentario socialista lémbralle ao Presídente da Xunta que os seus anunciados compromisos sobre a ampliación desta infraestructura poden realizarse “si é aceptada a emenda presentado polo PSdeG-PSOE por un importe de 2 millóns de euros”. Sinala que a aceptación desta iniciativa “si que posibilitaría a ampliación do Hospital durante o próximo ano”. Así as cousas replica que así “podería facerse efectiva e non virtual os presuntos compromisos de Feijoo e doutros persoeiros do seu Goberno na Comarca”.

Por ultimo sinala que Feijoo e os tódolos mariñaos son coñecedores da necesidade da ampliación do Hospital da Costa, e tamén que para levalo a adiante “é imprescindible que conte cun sustento parlamentario, que polo de agora nos orzamentos da Xunta non ten”, resumiu.

Exit mobile version