Nota de prensa
Barreiro: “a lei de estabilidade orzamentaria axudará a garantizar que España cumpra os obxectivos marcados por Europa”
• O cabeza de lista ó Senado asegurou que o PP, de gañar as eleccións do 20-N, aplicará o principio de austeridade en todos os niveis da administración
Xove, a 23 de novembro de 2011.- O cabeza de lista dos populares á Cámara Alta pola provincia de Lugo participou hoxe en Xove nun mitin no que compartiu atril co número dous ó Congreso Jaime de Olano e Antonio Rodríguez Miranda.
José Manuel Barreiro explicou que é necesario asegurar que España sexa un país competitivo. Con ese obxectivo o PP quere aplicar un plan “completo e coherente” de reformas estructurais para garantir a estabilidade orzamentaria, o saneamento do sector financiero, a liberalización da economía, a reforma laboral e o impulso da competitividade.
Neste senso, indicou que, “de acadar o respaldo maoritario dos cidadáns o vindeiro 20-N”, o goberno que presida Mariano Rajoy efectuará no primeiro ano de mandato unha revisión xeralizada do gasto para o conxunto das administracións, de tal xeito que se poidan establecer prioridades dentro da política xeral de auteridade que aplicará e, ó tempo, evitar solapamentos entre institucións.
A aprobación dunha nova lei orgánica de estabilidade orzamentaria para o desenvolvemento da recente reforma constitucional acometida será outra das actuacións prioritarias para os populares. Nesa nova lei estableceránse os mecanismo de participación do Consello de Política Fiscal e Financieira e especificaranse os límites de déficit e débeda das diferentes administración, os supostos excepcionais, a forma e prazo no que terán que facerse efectivas as correccións das desviacións que se produzan, e mesmo as responsabilidades derivadas dos incumprimentos da normativa.
O tempo que se desenvolve esta lei de estabilidade orzamentaria, o PP tamén diseñará e aplicará un plan de austeridade “de obrigado cumprimento” para o conxunto das administración. Un plan que, ademais de eliminar os gastos superfluos e as duplicidades, introducirá incentivos á eficiencia porque “debe premiarse a quen cumple e sancionarse a quen non”.
Para acadar este obxectivo contémplase racionalizar e mesmo “de consideralo necesario” suprimir eventualmente aqueles organismos ou entes públicos cuxas función poidan ser asumidas directamente pola administración da que dependen “sen perxuizo da labor que desenvolven”.
E, segundo o candidato popular, fixaranse as responsabilidades dos xestores públicos e tipificaranse as sancións que lle serán aplicadas se non cumpren as regras establecidas para garantir a estabilidade orzamentaria.
José Manuel Barreiro tamén se referiu ás “ausencias” do cabeza de lista dos socialistas, o ministro José Blanco, que, en principio, tiña previsto asistir esta tarde a un mitin en Guitiriz pero que “finalmente non acudiu á cita”. Barreiro preguntouse as razóns que levan a Blanco a incumprir os seus compromisos. “Declinou participar en varios debates programados co noso cabeza de lista ó Congreso; hoxe ía ir a Guitiriz pero tampouco acudiu, parece que ademais das promesas que lle fixo ós lucenses, en materia de infraestructuras por exemplo, tamén incumple os compromisos marcados na súa axenda electoral”, dixo.