Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela ten débedas coa empresa de limpeza dende xullo e as traballadoras aínda non cobraron o mes de outubro

Nota de prensa

As traballadoras da Limpeza de Burela non cobraron o salario de outubro

A empresa adxudicataria, Pedrasalgada, alega que é debido ao retraso no pago do Concello que adebeda as facturas dende xullo

As traballadoras do servizo de limpeza do Concello de Burela empregadas da empresa Pedrasalgada, non cobraron a dia de hoxe a nómina correspondente ao mes de outubro. Este retraso provoca para economías como a destas empregadas grandes problemas pois, como a maior parte dos traballadores e traballadoras do pais e dada a precariedade dos salarios, viven ao dia e os recibos, facturas, hipotecas, etc. non admiten demoras.
O problema agravase pois a empresa recoñece a imposibilidade de pagar esta nómina e as seguintes mentres non se solucionen os problemas de tesourería que ten e que veñen determinados polo retraso nos pagos de clientes como o propio Concello de Burela.
A CIG considera que a limpeza de colexios e concello así coma outros servizos deberían realizarse directamente polo Concello e non estar externalizadas, pero isto non exime de responsabilidade ao Concello con este persoal que indirectamente traballa para eles. O Concello debería dar prioridade ao pago das empresas que fan estes servizos ao igual que fai cos salarios do resto do persoal e tamén dos propios políticos.

Exit mobile version