operación para retirar da vía pública 11 vehículos abandonados
Nota de prensa
O CONCELLO RETIRA 11 VEHÍCULOS QUE FORON ABANDOADOS NA VÍAS PÚBLICA. FERNÁNDEZ VALLE ASEGURA QUE CON ESTA OPERACIÓN ELIMINASE UN FOCO DE SUCIEDADE E DE PERIGO DAS RÚAS DE BURELA.
Burela, 26 de novembro de 2011. O Concello de Burela procede estes días a retirar once vehículos abandoados nas vías públicas. Trátase dunha campaña da Concellería de Obras e Servizos en colaboración coa Concellaría de Medio Ambiente.
O edil de Obras e Servizos, Manuel Fernández Valle, indicou que “deste xeito seguimos coas medidas que levamos meses aplicando para mellorar o entorno e a seguridade en Burela”. O Concello está levando adiante estes días “unha operación para retirar da vía públicia 11 vehículos abandoados e proceder despois ao seu desguace e descontaminación”.
Fernandez Valle asegura que “con esta operacion eliminamos un foco de suciedade e potencialmente perigoso, como é un vehículo abandoado, ademáis de liberar unha praza de aparcamento e que son 11 nos casos que ocupan”. O concelleiro popular subliñou que “este equipo de goberno ten o empeño en que Burela sexa un concello limpo e ordenado, do que poiden disfrutar de verdade os seus veciños e veciñas, e iniciativa coma ésta son aparentemente pouco importantes, pero cruciais para, pouco a pouco, lograr o noso obxectivo de ter un municipio exemplar”.