Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela apaga farolas do alumeado público para non “levar adiante un derroche de cartos”

Nota de prensa

OPERARIOS MUNICIPAIS APAGAN PUNTOS DE LUZ INTERMEDIOS PARA AFORRAR, SEGUNDO ANUNCIA O ALCALDE. A MEDIDA REALIZARÁSE DE XEITO PAULATINO E RESPETARÁNSE OS PASOS DE PEÓNS E AS INTERSECCIÓNS POR CUESTIÓNS DE SEGURIDADE.

Burela, 21 de novembro de 2011. Operarios municipais apagan puntos intermedios de luz para aforrar, segundo ven de anunciar o alcalde, José María González Barcia.

O rexedor relatou que “no día de hoxe operarios municipais están procedendo ao apagado de determinados puntos de alumeado público co único obxectivo de levar a cabo un aforro económico, de non ser así o Concello de Burela tería moitos problemas para pagar a factura eléctrica o vindeiro ano”.

González Barcia indicou que “se irá facendo de xeito paulatino, pero se respetarán os pasos de peóns e as interseccións por cuestións evidentes de seguridade. Estou seguro de que os cidadáns de Burela entenden esta medida, de feito xa se fixera unha similar apagando aqueles puntos de luz doble, é decir os que tiñan unha lámpara alumando hacia a vía pública e outra cara a beirarrúa. Neses casos xa o fixemos e agora vemos que coa enorme factura que seguimos a ter de consumo eléctrico a mellor solución é ésta, proceder ao apagado de puntos intermedios de luz xa que nos permitirá un maior aforro económico”.

O alcalde burelés  é “perfectamente consciente de que esta medida ten un carácter excepcional, pode haber xente que non a entenda, pero estou seguro de que a maior parte dos cidadáns comprenden que na situación actual non se pode levar adiante un derroche de cartos. E insisto en que se garantizará a seguridade tanto de peóns como de vehículos”.

Exit mobile version