O 22 de novembro, a partires das 17 horas terá lugar no centro San Aníbal un encontro intercultural, enmarcado dentro das actividades de difusión do plan municipal de integración de inmigrantes do Concello de Burela. Segundo explicou a edil de Servizos Sociais, Diana Durán, “a xuntanza estará enfocada a promover os valores da tolerancia nas idades temperás”. O centro San Aníbal acollerá un taller de reciclaxe, impartido por Gaia, para elaborar adornos de nadal. Ao remate haberá unha merenda para todos os rapaces participantes, que serán uns vinte e cinco.