Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG insta ao goberno a paralizar o ERE da empresa Mobles Hermida de Lourenzá

Nota de prensa

O BNG INSTA AO GOBERNO A PARALIZAR O ERE DA EMPRESA MOBLES HERMIDA

O deputado Manuel Parga reclama buscar outras formulas para conservar o emprego nesta empresa con grande incidencia económica na comarca da Mariña de Lugo

Santiago de Compostela, 18 de novembro, 2011. O deputado do BNG, Manuel Parga Núñez rexistrou unha Proposición non de lei pola que insta ao Goberno galego a paralizar o ERE extensivo presentado pola empresa Mobles Hermida de Lourenzá.

O deputado considera que existen “formulas” menos traumáticas para o mantemento dos 94 postos de traballo afectado por este ERE e que se suma a outro tamén extintivo que afectou a 18 traballadores e traballadoras.

Parga considera que debe producirse un compromiso do conxunto das forzas políticas parlamentarias e do Goberno galego para dar solución e alternativas aos traballares/as desta empresa.

O deputado, na defensa desta iniciativa tamén reclamará desenvolver planos de actuación con medidas concretas destinadas a xerar emprego na zona.

Por outra parte, o nacionalista tamén preguntará pola situación xerada no CEIP de Covas derivada da falta de profesorado para atender ao alumnado con necesidades educativas especias e se a Consellería de Educación mantivo algunha reunión coas nais e pais do alumnado do CEIP para recoller as súas demandas.

Exit mobile version