Nota de prensa
O BNG PEDIRÁ NA SESIÓN PLENARIA MUNICIPAL DO XOVES O APOIO A EMENDAS AOS ORZAMENTOS DA XUNTA 2012 PARA INCREMENTAR O INVESTIMENTO DA XUNTA EN CERVO EN 1,3 MILLÓNS DE EUROS NO PRÓXIMO ANO.
Os nacionalistas reclaman o dragado do encoro de Rúa, o emisario submarino para rematar o saneamento en San Cibrao e a redacción do proxecto para o porto deportivo de San Cibrao.
Martes, 29 de novembro de 2011. O defenderá no pleno ordinario do xoves unha moción de urxencia que pedirá o apoio da corporación municipal para demandar da Xunta de Galiza un incremento de 1,3 millóns de euros nos investimentos previstos nos orzamentos 2012 no concello que irían destinados á execución dunha primeira fase da limpeza do encoro de Rúa, o emisario submarino que permita a posta en funcionamento do saneamento e planta depuradora de augas residuais en San Cibrao e a redacción do proxecto para o porto deportivo de San Cibrao. Os nacionalistas xustifican a urxencia desta iniciativa no inicio dos debates na vindeira semana no parlamento galego das emendas parciais aos orzamentos da Xunta para 2012 que na actualidade non contemplan partida algunha para estas actuacións a non ser que os representantes do PP acepten aprobar as emendas presentadas polo grupo parlamentar do BNG.
Unha rede de saneamento e depuradora rematada que non funcionará mentres non se execute o emisario submarino.
O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa, criticou que o investimento realizado polo goberno do estado nos últimos anos para a execución da planta depuradora e as redes de saneamento en San Cibrao, “non servirá de nada xa que mentres non se execute o emisario submarino seguiremos vertendo ao mar as augas residuais e creando múltiples problemas en numerosos puntos da localidade”. O nacionalista lembrou que “aínda tendo unha rede nova estanse producindo inundacións de augas fecais que afectan directamente aos veciños por non ter en funcionamento o sistema” para o que piden 500.000 euros. Non é de recibo, sinalou Estúa, “que despois de terse executado un investimento tan importante, este non funcione pola ausencia de compromiso inversor da Xunta de Feijoo, que ate agora un so euro”.
700.000 euros para o dragado e limpeza de lodos no encoro de Rúa para que a auga baixe por gravidade e evitar ter que estar bombeando dende Río Covo.
Outra das emendas que os nacionalistas defenderán no parlamento por un importe de 700.000 euros para a que o BNG pedirá o apoio do pleno municipal será reiterativa xa que unha moción no mesmo sentido xa foi aprobada o ano pasado sen que até agora se viran resultados. Refírese á necesidade de dragar e limpar os lodos acumulados no encoro de Rúa que abastece a Cervo e Burela a fin de evitar os bombeos de auga dende o encoro de Río Covo que incrementan os custes de xestión e o prezo do recibo aos consumidores. O BNG reitera esta proposta para a execución dunha primeira fase destes traballos que tampouco contemplan ningunha partida específica nos orzamentos 2012 da Xunta a pesar das peticións dos plenos de Cervo e Burela no ano pasado e os compromisos da Delegada Territorial da Xunta en Lugo.
100.000 euros para a redaccións do proxecto para o porto deportivo de San Cibrao
Por último reclámase apoio á redacción do proxecto para o porto deportivo de San Cibrao comprometido en diferentes ocasións e que agora queren tapar con “obriñas aínda que necesarias incapaces de cubrir as expectativas depositadas polas xentes do mar”. O nacionalista foi moi crítico coa actuación do Tte. alcalde e parlamentar popular, José Manuel Balseiro, “a Balseiro váiselle a forza pola boca”, “primeiro prometeu unha goleta, segundo un traiñón, terceiro unha lancha e por último un porto deportivo que só existen na ficción”. Estúa agardou do Sr. Balseiro “mais seriedade e menos fume” e iso poderá demostralo primeiro aprobando no pleno de Cervo estas propostas e despois facendo o mesmo nas comisións correspondentes do parlamento onde se debatan as emendas, do contrario seguiremos pensando que o seu papel é defender o escano e non os intereses dos seus veciños.