NOTA DE PRENSA INFORMATIVA
Segundo a asamblea xeral extraordinaria celebrada o día 18 de novembro do 2011, no salón de actos do Casino de Viveiro, pola Comunidade de Montes en Man Común Monte Maior, San Roque e Penedo do Galo pertenecente as Parroquias de Santa Maria e Santiago de Viveiro, foi reelexido presidente da mesma para os vindeiors catro anos D. Manuel Soto Peña.
A asemblea celebrouse ás 20 horas en segunda convocatoria, seguindo a orde do dia que constaba dos seguintes puntos:
1.- Apertura da Asemblea
2.- Lectura do Acta da Asemblea anterior. Aprobación se procede.
3.- Presentación de Candidaturas á presidencia e Xunta Rectora da Comunidade.
4.- Elección de Presidente e Xunta Rectora.
Cabe destacar a numerosa asistencia de comuneros e o apoio unánime dado a candidatura presentada.
Unha vez rematado o proceso electoral o reelexido Presidente agradeceu no seu nome e no da Xunta Rectora a confianza e o apoio recibido.