Nota de prensa
Os socialistas de Foz denuncian a manipulación que esta a facer o PP local dende o Concello, co pagamento do complemento extraordinario que se vai abonar aos pensionistas que cobran pensións non contributivas.
A tempos do cacique de turno, nos remite a carta que recibiron os pensionistas de Foz, con membrete do Concello e asinada polo Concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais, Sr. Pavón, na que lles comunica que van a recibir este complemento na conta bancaria onde cobran a pensión.
Por algún motivo que descoñecemos en ningún momento se informa nesta carta de que é a Xunta de Galicia a que vai abonar esta paga, polo que nos facemos a pregunta de si o que intenta o Partido Popular de Foz non é outra cousa que manipular, en plena campaña electoral, os maiores facéndolles crer que é o Concello quen lles vai dar esta paga.
Si non é necesario facer ningún tipo de xestión para o seu cobro, non é comprensible que se gasten recursos municipais para facer unha propaganda interesada, de algo que vai ser feito de oficio e que en todo caso correspondería a Xunta de Galicia notificar.
Os socialistas queremos lembrar que este complemento, do que agora tanto presumen no Partido Popular tanto a nivel autonómico como local , foi creado polo Goberno Bipartito de Emilio Pérez Touriño, e coa chegada a Xunta do PP e do Presidente Feijóo, pretenderon eliminalo.
Curiosamente daquela o Partido Popular xustificaba o que eles consideraban a “mais que acertada decisión” de retirar esta paga decindo que unha axuda de uns 200€ “non era o que necesitaban” os pensionistas e acusando ao Goberno de Touriño de habela creado como unha medida electoralista, para gañar votos. Afortunadamente tanto a presión social como dos grupos da oposición, fixeron que tivesen que dar marcha atrás nese recorte desta partida social co que pretendían abandonar aos que mais o necesitan.
Os socialistas creemos que o Alcalde e o Concelleiro de Sanidade e Servizos Sociais de Foz demostran ter moi pouca vergonza utilizando os recursos públicos para estas prácticas caciquiles e manipulando desta maneira as persoas maiores do noso Concello.