Site icon Crónica3.com A Mariña

iVi presenta sete preguntas no pleno do concello de Viveiro

Nota de prensa

PREGUNTAS

No pleno do día 31 de Marzo de 2011 foi aprobada por unanimidade de tódolos grupos unha proposta realizada por este portavoz para o cambio da porta do Concello. Por parte da Alcadía indicouse que habería que facer un proxecto e tamén un presuposto. ¿Cómo esta este tema?, ¿Fíxose o proxecto co conseguinte presuposto?, ¿Vaise realizar a obra a curto prazo?

Moitos contenedores de diversos lugares do Concello atópanse sen tapas, co cal desprenden moi mal olor. Asi mesmo moitos deles ainda se atopan sen anclar co conseguinte perigro para viandantes e vehículos sobre todo cando hai temporais. ¿Ten constancia destes feitos o equipo de gobernó?, ¿Cando se vai proceder a subsanación e anclaxe dos mesmos?

No presente ano 2011 foi arranxado un tramo da calle Rúa Grande de Celeiro, concretamente ata o nº 70. ¿Cando está previsto continuar o resto da obra?

Asi mesmo e sen sair de Celeiro, en varias ocasións fora solicitada por este portavoz o arranxo da carretera do cementerio (Calvario) sin que a esta data nada se teña feito o respecto. ¿Existe algún proxecto para o arranxo da mesma?

Estamos chegando de novo as festas de nadal, e existía un importante reclamo turístico para Viveiro, que nos últimos anos non se puido montar. ¿Ten previsto o equipo de gobernó a instalación do belen de Santa María?

Dirixironse a nos ex empregados, é empregados actuais do Xeriatrico de Viveiro, para queixarse das condicións laborais nas que viñan desenrolando ó seu traballo, chegando ó caso de persoas que se encontran a tratamento médico, pola presión a que foron sometidos no seu traballo, ¿Ten constancia o equipo de goberno, das irregularidades que se están a producir no Xeriatrico de Viveiro, en relación coas circunstancias laborais en que veñen desempeñando as suas labores os traballadores dos mesmo, e que afectan tamén os usuarios? ¿ Séguense as listas que no seu día se facilitaron a este Concello en canto a contratación?.

Despois da declaración do concurso deserto do Porto Deportivo de Viveiro¿Temos boas novas ó respeto, ou siguen os “atrancos” .

Exit mobile version