Charla celebrada na tarde-noite do venres na que unha técnico da secretaría xeral de Igualdade informou dos recursos dos que dispoñen as mulleres afectadas por casos de violencia machista e a forma de acollerse a eles. Esta conferencia estivo organizada pola concellería de Igualdade e Xuventude, á fronte da cal está a concelleira popular Pilar Álvarez Rodríguez, e tiña por obxecto celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.